A ITV móbil para vehículos agrícolas estará catro días en Lourenzá

O Concello de Lourenzá informou da chegada dunha unidade móbil da Inspección Técnica de Vehículos (ITV) destinada a vehículos agrícolas, que prestará servizo no municipio durante catro xornadas do mes de outubro.
A ITV móbil instalarase no mercado gandeiro de Vilanova os días 5, 6, 7 e 8 de outubro, facilitando así aos propietarios deste tipo de vehículos a realización das inspeccións sen necesidade de desprazarse a unha estación fixa.
Para acudir será necesario solicitar cita previa, que poderá tramitarse a través do teléfono 981 928 080 ou mediante a páxina web de SYC Applus+ ITV.