A II Copa Ibérica Feminina de Taekwondo será en Mondoñedo
AMariñaXa
O Concello de Mondoñedo será o municipio que acollerá a 2ª edición da Copa Ibérica Feminina de Taekwondo. Unha cita que será en abril
17 Mar 2023
O Concello de Mondoñedo será o encargado de acoller a 2ª edición da Copa Ibérica Feminina de Taekwondo, unha cita que xa recaeu na provincia lucense na súa primeira edición.
Esta cita deportiva, que se celebrará no pavillón municipal e con entrada de balde, será a fin de semana do 29 e 30 de abril, senda a técnica o sábado 29 e o combate o domingo 30. Haberá un premio valorado en 400 euros.
A edición anterior celebrouse no pavillón municipal de Vilalba en setembro 2022 e nela participaron María Bautista Maestre, árbitro internacional e xuíz nos Xogos Paralímpicos de Tokio 2020, e Conchi Martínez Domínguez, galardonada este ano como mellor árbitro nacional de técnica poa federación española.