A I Copa de España de descenso de augas bravas será na Pontenova

AMariñaXa
Os días 4 e 5 de marzo celebraráse de novo no Concello da Pontenova a Copa de España de descenso de augas bravas
I copa españa descenso augas bravas pontenova 2024
28 Feb 2024

Os días 2 e 3 de marzo celebrarase no Concello da Pontenova a I Copa de España de descenso de augas bravas nas modalidades clásica e sprint. A proba será válida para o campionato galego de sprint e para o de Europa júnior e sub23 e o Mundial sénior.

Esta competición contará con preto de 260 embarcacións de 21 clubs diferentes de varias comunidades autónomas. O sábado será as dúas mangas da competición sprint a partir das 15.00 horas e o domingo será a proba clásica ás 10.00 horas.

A proba está organizada polo Club Cidade de Lugo, coa colaboración da Federación Galega de Piragüismo (FGP), a Real Federación Española de Piragüismo (RFEP) e o Concello da Pontenova, disputarase nas categorías cadete, júnior, sénior e veteranos.

0.18526411056519