A Heroican Race regresa a Ribadeo con case 400 participantes na súa cuarta edición

AMariñaXa
Con 8,2 quilómetros de percorrido e 25 esixentes obstáculos, case 400 participantes enfrontáronse ao reto nunha xornada marcada pola emoción e o esforzo
Heroican_Race_ribadeo
30 sep 2024

A Heroican Race volveu a Ribadeo na súa cuarta edición, consolidándose como un dos eventos máis destacados no panorama das carreiras de obstáculos en Galicia. Con 8,2 quilómetros de percorrido e 25 esixentes obstáculos, case 400 participantes enfrontáronse ao reto nunha xornada marcada pola emoción e o esforzo. O evento, que reuniu a máis de 1.000 asistentes, foi organizado pola Asociación Gallaecia Extrem Race en colaboración con BeOne.

Contou co apoio da Xunta de Galicia, o Concello de Ribadeo e empresas como Matrix, Eciman, Prace, Gadis, Estrella Galicia, entre outras. Na categoría élite masculina, Adrián Ledo proclamouse vencedor, mentres que na categoría élite feminina, Fuencisla Vaquero destacou cunha actuación impresionante. Na categoría popular competitiva, os gañadores foron Cristian Bermúdez e Jennifer Barroso.

A entrega de premios estivo presidida polo alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, o CEO de BeOne, Roberto Ramos, e representantes dos patrocinadores, que destacaron o impacto positivo deste evento na promoción do deporte e do turismo local. A Heroican Race, que forma parte da Liga Española AOCO (Asociación de Organizadores e Clubes de Obstáculos España), non se celebraba dende 2018, cando tivo lugar en Figueirido, Pontevedra. O seu regreso a Ribadeo reafirma o éxito das anteriores edicións e consolida o evento como un referente a nivel nacional.

0.1671290397644