A focense Vanessa Ares conseguiu a prata no profesional de Kickboxing Lowkick
AMariñaXa
A focense Vanessa Ares conseguiu a prata no profesional de Kickboxing Lowkick. celebrouse en Sobrado dos Monxes
14 Feb 2022
A focense Vanessa Ares acadou o segundo posto no Galego Profesional de Kickboxing - Lowkick, así, tras conseguir tres campionatos galegos e ser a terceira mellor en España, volveu ao ring para dar un paso máis, no cadro profesional.
O esforzo e traballo sen descanso, sempre coa súa man dereita, Isma Entrena, obtivo de novo o éxito no certame, que se celebrou en Sobrado dos Monxes, e no que tivo que pelexar contra Alicia Sanchez.
Os éxitos de Vanessa Ares son moi recoñecidos na Mariña e sente moito agradecemento polo Concello de Foz.