A Festa dos Chóferes de Alfoz xa ten programa festivo para este ano

AMariñaXa
Alfoz prepara unha das principais citas do verán, a Festa dos Chóferes, á que adoitan acodir centos de vehículos para recibir as bendicións
festas dos choferes alfoz
festas dos choferes alfoz
24 Xuño 2023

Alfoz volverá celebrar unha das principais citas do seu verán, a Festa dos Chóferes, á que adoitan acudir centos de vehículos de todo tipo para recibir as bendicións dos párrocos.

Esta cita festiva terá lugar os vindeiros 28, 29 e 30 de xullo, e comezará na noite do 28 ás 23.00 horas coa festa verbena de discoteca móbil de Eventec e Grupo Beatriz.

O sábado 29 haberá oficio relixioso ás 13.00 horas seguido da sesión vermú amenizada polo grupo Costa Dorada, que será o encargado de poñer a nota musical pola noite xunta coa orquestra Fania Blanco Show.

A xornada do domingo 30 comezará ás 11.00 horas a procesión dos vehículos polas parroquias do Concello, e ás 13.00 horas a misa solemne e a bendición dos vehículos no que haberá premios para os mellores de cada categoría. Despois haberá sesión vermú amenizada polo grupo Montreal.

Dende a organización informan de que dispoñen de capa con mesas e toma de corrente eléctrica para as que haberá que reservar chamando ao teléfono 648 815 979 e zona de acampada chamando ao 685 887 719.

festas dos choferes alfoz
0.19516706466675