A festa de Entroido do Vicedo será o sábado 25 febreiro
AMariñaXa
A comisión de festas de Santo Estevo do Vicedo organizan a festa de Entroido o sábado 25 febreiro coa colaboración do APA do Vicedo
![Entroido vicedo 2023](https://amarinaxa.com/wp-content/uploads/2023/02/Entroido-vicedo-2023-1.jpg)
Entroido vicedo 2023
20 Feb 2023
A comisión de festas de Santo Estevo do Vicedo organizan a festa de Entroido o sábado 25 febreiro coa colaboración do APA do Vicedo para a festa infantil.
A xornada festiva comezará ás 16.30 horas coa festa e inchables, ás 18.30 horas haberá actuación dun mago e xogos para os cativos. Xa pola noite, ás 21.30 será o desfile que contará con premios e coa presenza do Dúo Dvicio e a discomovil Eventec que amenizarán a noite e, en sendos descansos, farán o sorteo da gran cesta de Entroido e o desfile de adultos.
Ademais haberá unha pequena tirada de fogos de artificio ao rematar o desfile de adultos.
![Entroido vicedo 2023](https://amarinaxa.com/wp-content/uploads/thumbs/2023/02/Entroido-vicedo-2023-200x282.jpg)