A festa de Entroido de Alfoz terá premios e diversión

O vindeiro luns 3 de marzo, o pavillón de Alfoz acollerá unha das celebracións máis esperadas do ano, o Entroido 2025. A festa dará comezo ás 19.30 horas e estará aberta a todos os veciños e veciñas que queiran participar, cos desfiles de disfraces como gran atracción.
A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo organiza este evento, que contará cunha programación animada e festiva, gracias á colaboración de EvenTeC, que se encargará de amenizar a xornada cunha festa chea de música e diversión.
Os participantes poderán optar aos premios aos mellores disfraces, polo que se espera ver unha gran variedade de traxes e ideas creativas. As inscricións poderán facerse entre as 19.30 e as 21.00 horas no propio pavillón, onde se darán a coñecer tamén as bases para participar.
Este evento conta co apoio do Concello de Alfoz, que fomenta a celebración de tradicións tan queridas como o Entroido, e anima a todos os veciños a participar nesta festa popular.
Para máis información, os interesados poden consultar as bases no perfil de Instagram @asociacionocastelo ou na páxina de Facebook "Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo".