A Festa da Troita da Pontenova xa comezou cos preparativos

AMariñaXa
A 43ª Festa da Troita do Concello de A Pontenova xa comezou cos preparativos da cita deportiva que será o 30 de abril e 1 de maio.
festa da troita pontenova
festa da troita pontenova
21 feb 2023

A 43ª Festa da Troita do Concello de A Pontenova, declarada de Interese Turístico Galego e de Interese Turístico Deportivo Nacional, xa comezou cos preparativos da cita deportiva que será os días 29 e 30 de abril e 1 de maio.

Polo momento están confirmando aos asistentes do evento como Xavier fortes, director e presentador do espacio 24 horas de TVE e que na pasada edición foi o pregoeiro, e Nacho Rojo, editor do canal Canal y pesca, dous asiduos á Festa da troita da Pontenova,

Outros dos asistentes serán Antonio Pérez Henares, Chani, escritor, xornalista e tertuliano de televisión; Leonardo de la Fuente Prieto, outro ilustre do xornalismo e xa coñecedor da Festa da Troita; o director da revista Entre cañas, Francisco Fernández; Óscar e Sebas do programa de radio Río de la vida e Cesáreo Martin do programa de Onda Cero Linde y Ribera.

Tamén confirmaron a presencia de Petiscos Galegos, con Beatriz Sotelo á fronte, do director de Anove televisión, Carlos Alleres; do xornalista Enrique Aguado, representantes do xornal Trueiro; Miguel Piñeiro; Marcos Ruíz Espin de radio Intereconomía; e Eduardo Fernández, director xeral de terabithia-press media de Madrid.