A Feira do Trece de Alfoz contará cunha proba puntuable do Campionato Galego de Andadura

AMariñaXa
A Asociación de Veciños de San Sebastián de Carballido, de Alfoz, celebrará o sábado 17 de xuño no Lugar do Trece esta tradicional feira
feira do trece 2024 alfoz
feira do trece 2024 alfoz
21 Abr 2024

Faltan dous meses para que Alfoz celebra de novo a Feira do Trece, pero a Asociación de Veciños de San Sebastián de Carballido xa está a adiantar o programa da cita, que se celebrará o vindeiro sábado 15 de xuño no Lugar do Trece.

Como gran novidade, nesta edición contarán cunha proba puntuable do Campionato Galego de Andadura da Federación Hípica Galega. Ademais deste gran atractivo, haberá feira do gando, mercado con postos de artesanía e produtos da zona, xantar e premios e sorteos. As actuacións tampouco faltarán na xornada, pois haberá música tradicional, sesión vermú, un Dj e verbena.

Trátase dunha cita máis que consolidada na zona, na que anteriores anos os asistentes puideron adquirir produtos da zona ademais de obxectos de artesanía, gozar coa sesión vermú e xantar un menú típico.

0.18984413146973