A Fase intermedia do Campionato Galego de fútbol 8 terá lugar o día 20 de maio en Xove
AMariñaXa
Presentouse no concello de Xove a Fase intermedia do Campionato Galego de fútbol 8 que terá lugar o próximo sábado 20 de maio.
11 Maio 2023
Presentouse no concello de Xove a Fase intermedia do Campionato Galego de fútbol 8 que terá lugar no Campo municipal e anexo do concello o próximo sábado 20 de maio.
Nel participarán 30 equipos, 10 por categoría e clasificaranse para a fase final os dous primeiros de cada unha. A competición será durante todo o día e contarán con máis de 450 xogadores e técnicos.
Nesta presentación estiveron o Demetrio Salgueiro, alcalde do concello de Xove; Cristina Iglesias, concelleira de deportes; Carlos Negrín, vicepresidente da federación galega de fútbol; Manolo Vilachá, delegado territorial da federación galega, Francisco Villarquide, presidente da Unión Deportiva Xove- Lago e Kiko Rey, técnico da base do Xove-Lago.