A Fapacel afirma que hai oito centros da provincia onde se fai un erróneo agrupamento de alumnos

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Federación de anpas reuniuse coa Consellería para facer chegar a súa protesta por esta situación
conciliacion_aulas_abertas_lugo
Reunión do alcalde con Ramón Ares e o conselleiro Caamaño
11 Xul 2024

A federación que agrupa a 102 Anpas da provincia de Lugo -Fapacel- asegura que, por parte da Consellería de Educación, están a incumprirse os acordos asinados “no principio do ano para o“agrupamento” por aulas de alumnos de diferentes cursos e que tampouco se están respectando os cocientes establecidos para o número de matriculados por clase.

Isabel Calvete e Geovana Trelles no nome da Fapacel reuníronse coa xefa territorial, Sagrario Sánchez Ramil, e co insperctor xefe, Íñigo Barreiro García.

Calvete lembrou que, en caso de existir un agrupamento de alumnos de diferentes cursos nunha mesma clase, “os grupos teñen que ser de menos de catorce alumnos, se son dun mesmo ciclo; non poden superar os 12 alumnos se son de ciclos diferentes e grupos que abarquen todos os cursos de Primaria non poden exceder os 10 alumnos”.

Ademais, lembrou que "os alumnos cunha discapacidade maior ao 33% contarán como dous e se teñen unha discapacidade maior do 65% ou un grao de dependencia de II ou III, coma se fosen tres”.

Con todo, asegura Calvete, eses acordos non están a ser respectados e hai oito centros da provincia de Lugo que se están vendo prexudicados por ese “incumprimento, tanto en cocientes como en agrupacións”.

A maioría son centros de zonas rurais, lembrou Calvete, pero tamén hai un da capital da provincia: o CEIP Virxe do Carme, de Sober; o CEIP A Fonsagrada; o CEIP Castro de Ouro, de Alfoz; o CEIP San Clodio, de Ribas de Sil; o CEIP As Mercedes de Lugo; o CEIP Rosalía de Castro, de Bóveda; o CEIP Ramón Falcón, de Castro de Rei; e o CEIP Monte Baliño, de Pantón.

Calvete opina que “é un tema importante” e os pais “están preocupados”.

“Non podemos deixar que pase o verán. Despois chega setemb ro e xa non hai solución”, concluíu.

0.1567440032959