A estrada LU-P-2007, ao seu paso por Foz, estará cortada do martes ao venres

Foz
AMariñaXa

A partir deste martes 15 de abril e ata o próximo venres 19 de abril, quedará cortada a estrada provincial LU-P-2007, en Foz, que vai de Nois-praia, por Cordido, ao Eixo a Moas, no punto quilométrico 3,700.

15 abr 2024

Este corte do tráfico prodúcese debido ás obras que a institución provincial acometerá para substituír a drenaxe transversal.

Os traballos, cun orzamento de 6.000 euros, serán realizados pola empresa adxudicataria da conservación desta zona da rede viaria provincial.

Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.