A estación móbil de ITV volve a Vegadeo

A estación móbil de ITV estará na Veiga, no recinto feiral para realizar inspeccións aos vehículos, os días 24 e 25 de setembro. Concretamente será para os vehículos especiais de obras (1ª inspección aos 4 anos da súa matriculación), tractores e remolques agrícolas (1ª inspección aos 8 anos da súa matriculación), ciclomotores de 2 rodas (1ª inspección aos 3 anos da súa matriculación)e motocicletas (1ª inspección aos 4 anos da súa matriculación).
Tamén se inspeccionará os quads e similares 81ª inspección aos 4 anos da súa matriculación9, vehículos de 3 rodas (1ª inspección aos 4 anos da súa matriculación) e coches sen carné (1ª inspección aos 4 anos da súa matriculación). Os interesados poden reservar cita a través da páxina web www.itvasa.es. Non poden asegurar a atención dos vehículos sen cita previa. Os interesados poden solicitar máis información ou contactar a través do 985 110 595 e do ciclodomi@itvasa.es