A Escola de Natación de Xove pon en marcha un novo programa de cursos para o 2023

AMariñaXa
A Escola Municipal de Natación de Concello de Xove pon en marcha un novo programa de Cursos de Natación para o ano 2023
piscina municipal xove natacion
piscina municipal xove natacion
6 dic 2022

A Escola Municipal de Natación pon en marcha un novo programa de Cursos de Natación para o ano 2023.

A inscrición para alumnos censados en Xove deberá facerse os días 12 e 13 de decembro en horario de 9.30 a 13.30 horas na aula de Formación municipal que está situada diante da Residencia da 3ª Idade. A de alumnos de fóra de Xove será o 14 e 15 de decembro de 9.30 a 13.30 horas.

En canto aos cursos haberá varios niveis, o de niveis branco, amarelo, verde, azul e vermello para maiores de 5 anos, que será bimensual en días alternos e nos horarios 16.15, 17.30 ou 18.45 horas.

Para o nivel de adultos,de iniciación, mantemento, perfeccionamento e ximnasia na aiga, será mensual ou bimensual durante dous días á semana en horario de 10.30 ou de 20.15 horas.

O nives de natación peques, de 2, 3 e 4 anos, é só en xullo e agosto durante dous días á semana ás 10.30 ou ás 11.30 horas. A natación de verán será para todos os niveis mensualmente de luns a venres ás 19.15 ou ás 20.15 horas.