A emoción do VI Xove Costa Trail chega esta fin de semana

O VI Xove Costa Trail terá lugar os días 22 e 23 de marzo de 2025 e as inscricións estarán abertas ata o 18 de marzo.
O sábado, a XCT estará dedicada aos nenos e nenas, que poderán participar dende as 12:00 horas en Punta Merixe. Pola tarde, ás 16:30, desenvolverase a andaina de 12 quilómetros entre a praia de Portonovo e o portiño de Portocelo. Xa o domingo, ás 10:00, comezará en Portonovo a carreira de 27 quilómetros, mentres que ás 11:15 darase a saída en Faro Roncadoiro para a proba de 18 quilómetros. Ambas carreiras terán a súa chegada no centro cívico de Xove.
O Xove Costa Trail é unha carreira de montaña que transcorre, na súa maior parte, pola Senda Costeira de Xove e polo Camiño Natural do Cantábrico ao seu paso pola costa do Concello, dende a praia de Portonovo, nos límites co Concello de Viveiro, ata a praia de Morás. Posteriormente, a ruta adéntrase cara ao interior do municipio por sendeiros e pistas forestais de uso público.