A duodécima tirada de bolos de Xove contou cunha excelente participación
A duodécima tirada de bolos de Xove xogouse nunha tarde agradable e nun campo en boas condicións e sobre todo cunha excelente participación de 29 inscritos.
Na liga sénior masculina houbo victoria de Jordi Meitín o que lle permite acortar a só 9 puntos a distancia con Rafael González. O máis prexudicado na xornada foi Francisco Pérez, que sigue con problemas físicos e só puido sumar un punto nesta tirada, o que lle supuxo a perda da segunda posición a favor de Daniel Alonso. Polo tanto, neste momento Miguel López con 96 puntos e Daniel Alonso con 91, copan a clasificación desta liga, co que supón de relevo xeracional.
Non esquecemos que hai uns poucos anos Miguel e Daniel pelexaban polo dominio da liga Sub 16, e xa naqueles momentos apuntábamos que estes dous xogadores ían chegar ao máis alto. Neste sentido, que decir de Miguel López que está pelexando polo seu 3º título nesta categoría; no caso de Daniel Alonso, é evidente que este ano deu un salto de calidade e está xogando con moita madurez e moita cabeza.
No tocante a liga sénior feminina Julia fíxose coa vitoria, a 8º desta temporada, coa que se pon ás portas de renovar o seu título de campiona da liga Sub 16.
Por detrais, Belén Meitín con 38 puntos e Carmen Roca con 31 puntos, que siguen coa súa pugna particular, cunha diferenza de 7 puntos, que a falla de 5 tiradas antóxasenos curta, polo cal aínda poden pasar moitas cousas entre elas. Un pouco máis lonxe, con 25 puntos, está Conchita Piñeiro, que terá que esforzarse para estar coas anteriores pelexando pola 2ª e 3ª posición.
Pola contra a liga Sub 16 e a que está máis igualada, e Christian Rodríguez coa súa victoria e tamén mellor bolada, recorta diferenzas con Xenxo Salgueiro, sendo un punto o que os separa. Esto supón unha emoción máxima para as 5 tiradas que quedan.
Por detrais os irmáns Cancelos, Jordi e Naia siguen tamén coa súa peculiar competición, favorable polo momento a Jordi que lle saca 3 puntos a Naia na xeral.
A próxima tirada vai celebrarse no centro social de O Cruceiro o vindeiro sábado 5 de febreiro de 2022.
Así, foron os resultados:
Sénior
Campión: Jordi Meitín Serantes
Subcampión: Miguel López Formoso
Terceiro: AlexMeitín Serantes
Sénior maiores de 60
Campión: José González Rodríguez
Subcampión: Arturo Rodríguez Álvarez
Terceiro: José López Riveira
Sub16
Campión: Christian Cociña González
Subcampión: Xenxo Salgueiro Franco
Terceiro: Jordi Cancelos López
Feminina
Campiona: Julia López Formoso
Subcampiona: Belén Meitín Rouco
Terceira: Carmen Roca Corral