A directiva de ACIA Burela comunicou a súa decisión definitiva de dimitir

AMariñaXa
A Asociación de Comerciantes, Industria e Autónomos de Burela celebrou unha asemblea para revisar e aprobar as contas do ano 2020.
cca burela
27 Abr 2021

A Asociación de Comerciantes, Industria e Autónomos de Burela celebrou o pasado xoves 16 de abril unha asemblea para revisar e aprobar as contas do ano 2020.Esta reunión realizouse cumprindo todas as medidas de seguridade marcadas dende as entidades sanitarias.

Dende hai un ano, a directiva de ACIA Burela atópase en funcións e nesta asemblea comunicou a súa decisión definitiva de dimitir. Os membros da mencionada directiva cren firmemente na necesidade de renovación destes cargos dado que os socios e socias precisan novas ideas, ilusión e accións que axuden a darlle un forte impulso aos seus establecementos.

Nesta liña, hai boas novidades xa que se está a crear unha nova candidatura coa finalidade de seguirlle dando apoio e respaldo aos asociados e tamén para que unha asociación, como é ACIA, siga viva e en funcionamento. Mentres non haxa eleccións haberá unha xestora encargada de facer as tarefas ata o momento no que os novos membros da directiva tomen o cargo.

Por mor da pandemia, moitos establecementos vironse na obriga de pechar ou pedir as axudas e o apoio por parte das institucións, aínda que segundo Acia, "en Burela non reciben apoio nin axudas".

A Asociación di que a administración local "puxo trabas e pouca información da convocatoria e por iso moitos negocios quedaron sen axudas".

0.12678408622742