A Deputación reforza o apoio ao Burela FS de cara a Supercopa Feminina

AMariñaXa
A xogadoras laranxas, que optan a reeditar o título, xogarán esta fin de semana en Móstoles
burela-fs-futbol-sala-feminino
30 Jan 2025

A Vicepresidencia da Deputación colaborará co Burela FS feminino no financiamento dos gastos relacionados co desprazamento e a loxistica da participación na fase final da Supercopa de España, reforzando así o apoio á entidade burelá, que conta cunha subvención nominativa anual de 140.000 euros.

O vicepresidente da Deputación Efrén Castro e o deputado de Rural, Mar e Mocidade Daniel García, acompañados polo tenente alcalde de Burela Mario Pillado e pola concelleira Sandra López, visitaron ás xogadoras do Burela FS feminino nas horas previas.

Os responsables provinciais transmitiron ás xogadoras azos de cara á competición, que se disputa esta fin de semana en Móstoles e na que optan a reeditar o título. No encontro, no que tamén participou o presidente do club Manuel Blanco e persoal técnico,  ratificaron o apoio da Vicepresidencia da Deputación ao proxecto deportivo laranxa, que situou Burela e A Mariña como un referente en fútbol sala a nivel estatal.

0.17745900154114