A Deputación mellorará as instalacións do Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo

AMariñaXa
A Deputación mellorará as instalacións do Club de Piragüismo Altruán. O proxecto inclúe vestiarios e duchas de auga quent
altruan ribadeo convenio deputacion
24 Xan 2022

Concello de Ribadeo e a Deputación de Lugo asinarán o convenio para realizar a mellora global das instalacións que o Club de Piragüismo Altruán ten na praia dos Bloques. O proxecto inclúe vestiarios e duchas de auga quente. 

Grazas á Deputación pódese ir avanzando nas cuestións deportivas do Concello de Ribadeo pois fai tres que o Concello resolveu a mesma cuestión para o de remo.

O presidente do Club Altruán, José Ángel Pérez, sinalou que “é importante que os deportistas se poidan cambiar, ter unhas áreas hixiénicas e unhas instalacións como eu creo que merece o piragüismo ribadense. Agradecer o compromiso para estas obras de mellora”.

0.053107023239136