A Deputación mellora 12 quilómetros en 5 estradas de Ourol

TerraChaXa | AMariñaXa
O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, informou sobre a aprobación en Xunta de Goberno de obras de mellora en 54 quilómetros de 23 estradas provinciais, que discorren por 9 Concellos, cun investimento da Deputación de outros 2,2 millóns.
8 Feb 2019

O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, informou sobre a aprobación en Xunta de Goberno de obras de mellora en 54 quilómetros de 23 estradas provinciais, que discorren por 9 Concellos, cun investimento da Deputación de outros 2,2 millóns.
Santos Ramos informou que se está a actuar en estradas provinciais dos 67 Concellos de Lugo e que a provincia de Lugo conta coa rede viaria provincia máis extensa de España, con 4.300 quilómetros. Nesta liña, destacou que o Goberno leva feito un esforzo inversor de 45 millóns de euros e apuntou que “somos conscientes que aínda queda moito por facer”. De feito, para poder acondicionar tan só o firme de toda a rede, sería preciso investir uns de 300 millóns de euros. Para a renovación integral faría falta como mínimo o orzamento completo da Deputación de 10 anos.
Con todo, o traballo que está a realizar o Goberno da Deputación permitirá pasar dos 700 quilómetros de aglomerado en quente que había na rede viaria provincial no 2015, ao inicio deste mandato; aos 2.200 quilómetros este mesmo ano.
Do total de fondos, adxudicáronse obras de 1,7 millóns para rehabilitar 44 quilómetros de 18 vías en 7 municipios: Begonte, Sober, Ourol, Outeiro de Rei, Muras, Samos e Portomarín.
En Ourol: 12 quilómetros de 5 estradas provincias. Son a  LU-P-3801, que vai de Ourol Ás Lobeiras polo Carmen; LU-P-3802, que vai de Ourol á Igrexa; LU-P-6602, de Ruanova por Sixto a Muras; LU-P-3807, de Bravos por Foxo a San Pantaleón, e LU-P-3803, da Ponte Torta á Cruz das Leiras.
 

0.18810296058655