A Deputación mantén o seu compromiso co financiamento da reforma do hangar de piragüismo do Club Altruán de Ribadeo

AMariñaXa
O Club Piragüismo Altruán de Ribadeo adquiriu unha nova furgoneta para os desprazamentos de deportistas e material para adestramentos
Mal estado local club piragüismo Ribadeo(1)
21 sep 2023

A vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén o seu compromiso co financiamento da reforma e ampliación do hangar de piraguas da praia dos Bloques de Ribadeo.

O vicepresidente e deputado de Deportes Efrén Castro explicou que “se trata dun compromiso adquirido co goberno municipal de Ribadeo no pasado mandato, atendendo unha demanda histórica do Club Altruán” e remarcou “que mantemos o compromiso co financiamento destas obras que supuxeron unha renovación total das instalacións, que non contaban con servizos tan básicos como uns vestiarios en boas condicións”.

A área de Deportes achegará 74.200 euros á renovación das instalacións municipais, asumindo case integramente  o custe das obras de reforma e ampliación, orzamentado en 75.000 euros.

O proxecto de reforma e ampliación do hangar de piraguismo supuxo unha renovación integral das instalacións nas que se reforzou a estrutura construtiva, se compartimentou o almacén de piraguas e se instalaron vestiarios.

A vicepresidencia da Deputación de Lugo tamén colaborou co Club Altrúan na adquisición  dunha furgoneta multipraza, habilitada para acoplar un remolque,  para facilitar o desprazamento de deportitas e embarcacións ás competicións.

O Altruán, que leva máis de 40 anos de actividade ininterrumpida en Ribadeo, conta con medio cento de piragüistas que nos últimos anos colleitaron importantes triunfos a nivel estatal e mesmo europeo; os últimos, as medallas de ouro e prata de Manuela Lastra,  Elena Justo e Elena González Rico no Campionato de España Cadete.

Ademais, desenvolve unha intensa actividade na promoción do kaiak de mar non competitivo e no fomento de prácticas deportivas inclusivas.

0.11016607284546