A Deputación expón en Portugal o modelo das reservas Terras do Miño e Os Ancares Lucenses

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Deputación de Lugo expón en Portugal o seu modelo de xestión das reservas Terras do Miño e Os Ancares Lucenses
deputacion modelo reserva biosfera portugal
20 Xul 2023

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este mércores en Portugal no programa sobre o Eixo Atlántico que emite a televisión rexional Porto Canal para expoñer o modelo de xestión que ten implantado a institución provincial nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses, Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.

No canal portugués, Rivera Capón puxo en valor que a Deputación está a promover importantes actuacións de impulso do rural nestes territorios, axustándose a criterios da UNESCO establecidos no seu Programa sobre o Home e a Biosfera (MaB). “A xestión directa das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses permítenos compatibilizar a preservación do valor natural, patrimonial e etnográfico destes territorios coa promoción económica para favorecer un desenvolvemento sostible”, subliñou o Deputado.

Neste sentido, destacou proxectos como a mellora do teitado das pallozas do Piornedo, en Cervantes, a recuperación e posta en valor de plantacións de castaños nos Ancares, unha iniciativa premiada na Copa de España Creativa, ou a creación de marcas para identificar a orixe e a calidade dos produtos e servizos deste territorios.

Na gravación do espazo televisivo dedicado aos recursos naturais, o Deputado compartiu mesa co adxunto do Presidente da Câmara de Braga, António Barroso; e o Presidente da Câmara de Esposende, Benjamim Pereira.

0.072114944458008