A Deputación despexa de neve as estradas da comarca afectadas

TerraChaXa | AMariñaXa
A Deputación despexa de neve as estradas da comarca afectadas, que comunican localidade de Muras, Vilalba e Ourol.
1
4 Dec 2020

A Deputación de Lugo mantén despregado dende as 7.00h de onte un dispositivo composto por 96 operarios e 50 quitaneves e vehículos para garantir a seguridade e atender as incidencias durante o temporal de neve e acumulación de xeo producido nas últimas horas.

O dispostivo traballa en máis de 120 estradas que discorren por unha vintena de municipios da Montaña, A Chaira e a zona sur da provincia. Nestas vías transítase con dificultade polas intensas nevadas das últimas horas, que chegaron a provocar espesores de entre 10 e 15 centímetros, ademais de placas de xeo.

As estradas afectadas discorren polos seguintes concellos: A Fonsagrada, Baleira, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Quiroga, Ribas de Sil, O Incio, Samos, Triacastela, Muras, Vilalba, Ourol e Taboada.

dispositivo de seguridade mobilizado pola Deputación está formado por 96 operarios, 20 máquinas quitaneves con saleiro, 16 pick up con saleiro e cuña quitaneves, e 12 vehículos todoterreo de apoio.

Os 12 silos de sal da Deputación dispoñen de 35 toneladas cada un para conseguir desfacer as placas de xeo que hai no firme e favorecer así a seguridade dos usuarios das vías.

As estradas afectadas na comarca son as seguintes:

- Muras: LU-P-3804, de Besar por Soutacho a Viveiro; LU-P-6602, de Ruanova, por Sixto a Muras.

- Vilalba: LU-P-6506, de Ponte de Saa por Ladra a A Parrocha; LU-P-6502, de Vilalba por A Balsa a Chavín.

- Ourol: LU-P-3804, de Belsar por Soutochao a Viveiro; LU-P-6602, de Ruabova por Sixto a Muras; LU-P-6502, de Vilalba por A Balsa a Chavín.

0.1541440486908