A Deputación de Lugo desminte ao Concello de Ribadeo e reivindica a súa achega ao Club de Remo

AMariñaXa
A área de Mocidade lembra que financiou con 40.000 euros a furgoneta do club sen intervención do goberno local
Club-RemoRibadeo-felicitacion-deputacion-40-anos-2025
26 Apr 2025

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo saíu ao paso das declaracións feitas polo Concello de Ribadeo en relación coa compra dunha furgoneta polo Club de Remo local. A institución provincial quixo deixar claro que foi a través dun convenio directo coa área de Mocidade como se materializou esta axuda, sen intervención nin xestión por parte do goberno municipal.

Segundo explicaron desde a Deputación, o pasado 1 de abril asinouse un acordo de colaboración co Club de Remo de Ribadeo por un importe total de 54.289,16 euros, dos que 40.000 foron achegados pola propia área de Mocidade, mentres que o resto correu a cargo do club con fondos propios.

Dende o organismo provincial remarcan que a necesidade do vehículo foi exposta directamente polo club en distintas reunións mantidas en decembro e xaneiro co deputado de Mocidade, Daniel García, e censuran que o Concello “trate de atribuírse un traballo alleo, actuando con mala fe”.

A Deputación pide ao executivo local “respecto institucional e unha colaboración sincera” para evitar este tipo de conflitos e recoñecer o esforzo das entidades que, como o Club de Remo, impulsan o deporte na Mariña.

⚙ Configurar cookies
0.13501596450806