A Deputación colaborou co Concello de Burela para mellorar e ampliar os servizos públicos dos veciños

AMariñaXa
A Deputación colaborou co Concello de Burela para mellorar e ampliar os servizos públicos dos veciños como na alfombra floral
220722 Presentación Feira do Bonito de Burela
17 Mar 2023

A institución provincial aportou máis de 3 millóns de euros para o acondicionamento de rúas e estradas, equipamentos deportivos, o fomento do emprego e da actividade económica, e iniciativas culturais, turísticas e deportivas.

A Deputación de Lugo destinou máis de 3,1M€ de fondos provinciais ao concello de Burela para a mellora e ampliación dos servizos públicos dos veciños e veciñas. Os investimentos da institución permitiron o acondicionamento de rúas e estradas, a creación de emprego e o funcionamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

Estas actuacións súmanse ao impulso de actividades deportivas, tanto a nivel profesional como de base, e de iniciativas turísticas e culturais que dinamizan a nivel social e económico o municipio burelés.

Preto de 800.000€ en infraestruturas

A Deputación inxectou cerca de 800.000€ en Burela para a mellora de distintas rúas e beirarrúas de céntricas vías da localidade. Por unha banda, traballouse na humanización da Rúa Rosalía de Castro, renovando o firme da vía, así como mellorando as beirarrúas e instalando mobiliario urbano para o uso da veciñanza, uns traballos cun orzamento de 150.000€.

Tamén se levaron a cabo obras en Marqués de Sargadelos e Nosa Señora do Carme para a rehabilitación das beirarrúas. No caso da rúa Marqués de Sargadelos, cun orzamento de 112.000€, trátase dunha mellora moi relevante, xa que é unha vía moi empregada pola veciñanza de Burela, pero tamén de toda a comarca, xa que da servizo ao Hospital da Mariña.

En materia de infraestruturas, grazas ao Plan Único da Deputación, o Concello de Burela destinou fondos á reparación do firme e de beirarrúas das rúas Castelao, Celso Emilio Ferreiro, Camiño Real e a avenida principal, Arcadio Pardiñas.

Renovación da Marosa

A zona da Marosa conta nos últimos anos cun gran investimento para a súa renovación. Por unha banda, Concello e Deputación asinaron un acordo para a reposición do peche do campo de herba artificial que se atopa nesta zona cun investimento de 52.000€.

A Deputación colaborou con accións de apoio ao sector pesqueiro que contribúen ao impulso económico da localidade.

Así mesmo e para este mesmo campo, o Presidente da Deputación, José Tomé Roca, vén de firmar co Alcalde, Alfredo Llano, un acordo de colaboración co Concello a través do que a institución aportará 190.000€ para a renovación do céspede terreo de xogo.

A ambas actuacións, que suman 242.000€, hai que engadir a rehabilitación do parque da Marosa, especialmente utilizado polos máis pequenos en temporada estival, ao estar situado ó carón da praia.

Estradas provinciais

A maiores, a Deputación de Lugo impulsa de maneira directa distinas actuacións no concello de Burela, entre as que destaca a mellora do firme e sinalización da totalidade da estrada da Marosa, a LU-P-1510, que conecta a vila burelesa con Cervo. Estes traballos contaron cun orzamento de preto de 124.000€ e afectan ao treito que vai do inicio da vía ata o punto quilométrico 9,301. Contemplan a reapertura de cunetas, drenaxe, limpeza, pavimentación e fresado nas zonas da vía que presenten algún tipo de fisura, un reforzo do firme na zona do polígono de Cuíña e a sinalización mediante marcas reflexivas brancas.

Trátase dunha actuación cunha gran importancia para a veciñanza, xa que é a vía de comunicación máis directa entre o concello de Burela e o de Cervo, e dá servizo ao polígono industrial. Ademais, é unha estrada moi empregada por turistas e visitantes nos meses de verán porque discorre paralela á costa.

A Deputación acometeu tamén melloras na estada provincial LU-P-1502, de Burela a Ferreira do Valadouro por Vilaestrofe, cun orzamento duns 45.000€.

Por último, en materia da rede viaria provincial nestas dúas vías tamén se realizaron outras melloras no firme e na sinalización.

Ademais, a Deputación puxo a disposición do Concello a maquinaria e o persoal do Parque Móbil para desenvolver tarefas na localidade, como a limpeza das praias.

Emprego

En materia de emprego, Burela destinou máis de 480.000€. Por unha banda, o Concello puido reforzar o persoal municipal ó longo destes anos con fondos do Plan único con 12 contratacións para postos de peón, auxiliar administrativo, socorrista ou técnico de turismo, entre outros.

Por outra banda, a Deputación colaborou con accións de apoio ao sector pesqueiro que contribúen ao impulso económico da localidade. A Federación Provincial de Cofrarías de Pescadores recibiu diferentes axudas da institución provincial para realizar unha función divulgativa das tradicións mariñeiras, así como para o funcionamento da propia entidade. Tamén a Fundación Expomar, con sede en Burela, conta con fondos provinciais para impulsar o sector náutico pesqueiro da Mariña e a comercialización dos produtos do mar coas Feiras Expomar e Produart.

Servizos sociais

Grazas aos recursos económicos achegados pola institución provincial, o Concello puido destinar 230.000€ ao mantemento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) dende o ano 2019.

Ademais, a Deputación colabora con entidades como a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras enfermidades neurodexenerativas-AFAN Burela; a Fundación Eu Son; ou a Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña, entre outras.

Apoio ao tecido asociativo

A Deputación mantén unha importante liña de apoio á actividade deportiva en Burela, con colaboracións coa canteira do fútbol sala e deportes como a ximnasia rítmica, o baloncesto ou o fútbol, así como para a celebración de probas deportivas e cos equipos profesionais de fútbol sala.

Citas musicais, como o festival Osa do Mar, ou gastronómicas, como a Feira do Bonito, tamén recibiron o apoio da institución provincial para a súa celebración. Outros eventos que contaron con achegas provinciais foron o Certame Internacional de Pintura Mural Amarte, as festas patronais ou o entroido.

Visita AFAN
Sinatura Convenio Expomar

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18685793876648