A Deputación axudará á Asociación Nenos Ponte dos Santos da Mariña

TerraChaXa | AMariñaXa
A Deputación axudará á Asociación Nenos Ponte dos Santos da Mariña permitindo á entidade ofrecer transporte escolar aos usuarios e usuarias. 
83212016_2477316522374323_8314533592399085568_n
9 Nov 2020

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou o convenio de colaboración coa presidenta da Asociación Nenos Ponte dos Santos, María José Sante Riopedre, polo cal a institución provincial destina 12.000 euros, permitindo á entidade ofrecer transporte escolar aos usuarios e usuarias. 

Tomé Roca destacou o traballo que desenvolve o colectivo, formado por familias con nenos e nenas con discapacidade da Mariña, en favor da integración e mellora da calidade de vida dos rapaces.

A axuda da Deputación posibilita aos usuarios e usuarios asistir ao colexio de Educación Especial Edes en Tapia de Casariego. Trátase dun centro específico que recibe alumnado con discapacidade intelectual dende os 3 aos 20 anos de idade e conta con formación en infantil, educación básica obrigatoria e programas de transición á vida adulta. Ademais dispón de instalacións adecuadas ás necesidades dos alumnos, nas que traballan de forma individualizada con cada usuario en obradoiros de cociña, teatro, horta ou xardinaría, entre outros.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19156002998352