A Deputación arranxará a estrada de San Pantaleón a Ourol
A voceira socialista do Goberno e Deputada de Réxime Interior, Promoción de Territorio e Turismo, Pilar García Porto, informou este venres de que a Xunta de Goberno aprobou o último paso administrativo –o Plan de Seguridade e Saúde- para poder iniciar os traballos de rehabilitación do firme da LU-P-3807, de Bravos a San Pantaleón, no concello de Ourol, nas que inviste 180.000 euros.
A LU-P-3807 é a vía máis rápida que teñen os veciños da parroquia de San Pantaleón para chegar a Ourol e Viveiro. A Deputación inviste preto de 95.500€ nos traballos de mellora, que se realizarán nun treito de máis de 7 quilómetros, entre os puntos quilométricos 0,630 e 7,950, e consistirán no acondicionamento da vía e na reposición de liñas e marcas viarias reflexivas brancas. O prazo de execución das actuacións é de 9 meses.