A Deputación arrancará a vindeira semana as obras dun novo treito da estrada de Ribadeo a Trabada por Arante

AMariñaXa
A Deputación arrancará a vindeira semana as obras dun novo treito da estrada de Ribadeo a Trabada por Arante
visita a Arante, en Ribadeo
21 Mar 2023

A Deputación de Lugo arrancará a vindeira semana as obras para acondicionar un novo treito da estrada LU-P-5204, que é a vía que comunica os concellos de Ribadeo e Trabada pasando pola parroquia ribadense de Arante. Así o anunciou o presidente, José Tomé Roca, logo de visitar  o lugar no que se van executar os traballos xunto ao alcalde, Fernando Suárez Barcia, e concelleiros e concelleiras da Corporación municipal.

A institución provincial vén de  formalizar o último trámite administrativo para o inicio das obras, que foron adxudicadas á empresa Construcciones Isidro Otero SL, por un importe económico de 46.000€.

As obras, que afectarán ao tramo da vía entre os puntos quilométricos 2,780 e 3,600, comezarán nos próximos días coa apertura de cunetas, eliminando a vexetación e  maleza, e desatascándoas para facilitar a evacuación de augas cando chove. Unha vez rematadas estas tarefas, acometerase a pavimentación con aglomerado en quente no treito, e con posterioridade procederase ao pintado na vía con marcas reflexivas brancas. Se as condicións meteorolóxicas o permiten, a Deputación estima que as obras estarán finalizadas a principios do mes de abril, redundando nun aumento da seguridade e da comodidade dos condutores desta vía.

O presidente destacou a relevancia desta actuación, xa que “estas obras beneficiarán a centos de veciños e veciñas que utilizan esta vía para comunicarse con varias parroquias do interior de Ribadeo como Cedofeita, Covelas ou A Devesa, e tamén para desprazarse cara Trabada e outras zonas do interior da provincia”.

O mandatario provincial fixo estas declaracións na visita á localidade mariñá na que supervisou tamén as obras que a institución provincial está a executar cun investimento de medio millón de euros na LU-P-5207, a estrada provincial que une o núcleo urbano de Ribadeo e Vilela no tramo que descorre paralelo ao campo de fútbol municipal ata a ponte de Feve. Unha actuación, subliñou o Presidente, coa que “cumprimos coa veciñanza ribadense, e o que é máis importante, melloramos a seguridade dos rapaces e rapazas que acoden aos adestramentos no campo de fútbol municipal que se sitúa ao pé da vía do tren, un traxecto que, con noite ou mal tempo, resulta especialmente perigoso cando se cruzan vehículos e peóns”.

6,7M€ investidos en Ribadeo

Estas actuacións forman parte da colaboración constante e continua da Deputación de Lugo co concello de Ribadeo, onde a institución provincial inxectou máis de 1,9M€ o ano pasado e un total que se achega aos 6,7M€ desde o principio do mandato. Un investimento que serviu para dotar de máis e mellores servizos aos veciños e ás veciñas deste municipio da Mariña.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.176589012146