A Deputación aporta 28.000 euros para o teleclub trabadés de Sante

TerraChaXa | AMariñaXa
A Deputación aporta 28.000 euros para o teleclub trabadés de Sante. Detinarase para o acondicionamento da cuberta
13 Xan 2021

A Deputación de Lugo colaborará coas obras para o acondicionamento da cuberta do teleclub da parroquia de Sante, en Trabada, cunha achega de 28.000€. O Presidente, José Tomé Roca, asinou coa representante da asociación de veciños de San Julián de Sante, Guadalupe Rego, o convenio de colaboración que materializa esta axuda da institución provincial, que servirá  para desenvolver unhas actuacións que garantirán a funcionalidade, seguridade e habitabilidade do local social, que presta servizo a 180 veciños e veciñas.

As filtracións da cuberta, deteriorada polo paso do tempo, impiden realizar as diferentes actividades lúdicas e culturais da parroquia adecuadamente. Entre os traballos a realizar abordarase a substitución das lousas e a reparación do sistema de pluviais, revestirase a cheminea e colocarase unha lámina impermeabilizante e de illamento térmico. O custo total da obra ascende a 29.539 euros, dos que 1.539 euros serán abonados pola propia entidade beneficiaria.

Esta colaboración da Deputación de Lugo e a asociación veciñal de Sante Sante responde ao compromiso da institución de impulsar o rural a través do apoio activo ao seu tecido asociativo.

0.098351001739502