A Deputación activa o programa Xunt@s, unhas xornadas temáticas de lecer

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A Deputación de Lugo vén de poñer en marcha o programa Xunt@s, de actividades gratuítas, de lecer e formativas para contribuír ao envellecemento activo no rural, “para enriquecer a oferta de ocio e cultural dos pequenos concellos e, polo tanto, para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, un factor determinante para fixar poboación no territorio”.
escolas deportivas patinaxe tenis deportes
19 Xan 2024

A Deputación de Lugo vén de poñer en marcha o programa Xunt@s, de actividades gratuítas, de lecer e formativas para contribuír ao envellecemento activo no rural, “para enriquecer a oferta de ocio e cultural dos pequenos concellos e, polo tanto, para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, un factor determinante para fixar poboación no territorio”.

A voceira socialista, Pilar García Porto, anunciou que esta iniciativa, á que a Deputación destina un total de 91.000€ e que está organizada da man dos concellos, consiste nunha serie de 125 xornadas temáticas gratuítas, que se celebrarán ata a primavera por toda a provincia, e que teñen que ver coa saúde, co deporte ou coas novas tecnoloxías. Explicou García Porto que o xoves pola tarde tivo lugar a primeira destas actividades do programa Xunt@s, en Pedrafita do Cebreiro, e para este mes están previstas outras 13 xornadas, nos concellos de Trabada, Antas de Ulla, Taboada, Navia de Suarna, A Pontenova, A Fonsagrada e Guitiriz.

“Este tipo de actividades fomentan a interacción da xente e contribúen a fortalecer os lazos da comunidade”, valorou a Deputada, para quen “a propia temática das xornadas favorecerá os hábitos de vida saudable, a práctica de actividade física, educar en prevención ou romper a brecha dixital integrando as novas tecnoloxías na vida diaria da xente”.

Lembrou que desde punto de vista do Goberno provincial e do seu Presidente, José Tomé Roca, “o rural de Lugo non é un territorio baleiro, porque está cheo de ideas, de emprendemento e de ganas de facer cousas”. “O que necesita o rural é que as administracións apostemos por dotalo de servizos públicos para que a xente se poida quedar nel. Iso é polo que estamos traballando cada día dende a Deputación de Lugo, tamén con este programa Xunt@s que agora poñemos en marcha”, subliñou.

Cisterna de xurro e EIEL

Por outra banda, a Xunta de Goberno da Deputación aprobou sacar a licitación, por un importe de preto de 110.000€, o contrato para o subministro dunha cisterna de xurro, con capacidade de 14.000 litros e sistema de localización de produto, que servirá para o mellor funcionamento da Granxa Gayoso Castro da institución.

Tamén quedou aprobada a adxudicación á Universidade de Santiago de Compostela (USC) os traballos de elaboración da Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais (EIEL) da provincia, por un importe de 90.000€. Esta enquisa que a Deputación realiza de Xeito anual é o instrumento básico de valoración das necesidades dos concellos a efectos de cooperación económica local do Estado, polo tanto, “un estudo fundamental para a viabilidade económica das facendas locais”.

0.13293981552124