A cuarta edición da Milla Popular Urbana Concello de Lourenzá será o 26

AMariñaXa
A cuarta edición da Milla Popular Urbana Concello de Lourenzá será o domingo 26 de decembro, e transcorrirá polas rúas do Concello
MILLA POPULAR URBANA CONCELLO DE LOURENZa
12 Dec 2021

A cuarta edición da Milla Popular Urbana Concello de Lourenzá será o domingo 26 de decembro, e transcorrirá polas rúas do Concello enchendo de actividade deportiva toda la xornada.

As inscripcións estarán abertas ata o 21 de decembro e terán o precio de inscrición para carreira absoluta  de 5 euros para propietarios de chip amarelo championchip e os que non teñan chip, deberán pagar 1 euros a maiores en concepto de aluguer de chip.

As inscripcións dos cativos serán totalmente gratuítas dende Pitufo ata Infantil e poderanse facer única e exclusivamente en  www.championchipnorte.com. Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o sábado na Biblioteca Municipal.

O circuíto consta dunha distancia de 1.609 metros, case totalmente chairo, e sairá dende a praza Conde Santo e o casco urbáno para volver á praza.

Os prebenxamíns sairán dende a Farmacia e percorrerán 300 metros. Os benxamíns, alevíns e infantís farán 800 metros e sairán ás 11.00, 11.20 e 11.30 horas respectivamente dende o Cantón. Ás 12.00 horas será o circuíto urbán para o resto das categorías.

Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de todas as categorías, así como medallas para todos os participantes de categorías menores. E ademais levarán obsequios os campións masculino e feminino empadroados en Lourenzá.

Tamén obsequiarase cunha camiseta técnica conmemorativa aos primeiros 100 isncritos na proba.

0.21747398376465