A cova do Rei Cintolo é a Mellor Cova de Galicia 2022

AMariñaXa
A cova do Rei Cintolo, certificada en 2019 como destino Observer de Turismo Científico, renova a certificación de Mellor Cova de Galicia
selo cova rei cintolo mellor cova galicia 2022
16 Xul 2022

A cova do Rei Cintolo, certificada en 2019 como destino Observer de Turismo  Científico, renova a certificación baixo a distinción de Mellor Cova de Galicia,  2022.

O singular patrimonio natural, xunto cunha boa xestión da conservación do recurso, son  só algúns dos parámetros cos que Observer trata de medir a profesionalización e  distinción desta cova, un dos seus destinos turísticos acreditados máis emblemáticos.

Ademais disto, a posibilidade de vivir unha experiencia única, sumado á boa  divulgación dos valores xeolóxicos durante as visitas guiadas converten a Cintolo na  Mellor cova de Galicia, 2022.

Cabe destacar, entre as súas axeitadas decisións, unha normativa que regula as  actividades e perfís científicos dentro da cova, xerando así un interese crecente pola  investigación e dando unha maior accesibilidade aos traballos alí realizados.

Todo o anterior, sumado ao actual proxecto dunha nova ruta que, seguindo as  demandas dos visitantes e promovendo sempre o patrimonio natural, conta cunha maior  duración e chega ata a parte máis baixa e inexplorada da cova nas visitas guiadas.

Cintolo é a cova calcaria máis grande de Galicia, cunha lonxitude superior aos 6  quilómetros de lonxitude, e cun desnivel de 75 metros. Estrutúrase en catro sectores:  Sector Central, Zona Nova, Vía dos Apóstolos e Dédalo Sur. Pola súa cota máis baixa  discorre o Río Celtas. Foi catalogada pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de  Galicia como depósito de tipo Paleolítico. As visitas guiadas deben ser reservadas a  través do Concello de Mondoñedo.

0.18575501441956