A cova do Rei Cintolo conta cun novo tipo de visita acompañada con dous guías expertos

AMariñaXa
Desde este verán, e concretamente desde o 4 de xuño, pódese realizar un novo tipo de visita á Cova máis grande de Galicia, a visita ao río.
cova rei cintolo Mondonedo 2
29 May 2022

Desde este verán, e concretamente desde o 4 de xuño, pódese realizar un novo tipo de visita á Cova máis grande de Galicia, a cova do Rei Cintolo e a visita ao río. Esta visita pódese facer acompañados por dous guías expertos o que ofrece un maior percorrido, duración e grao de dificultade.

A visita ao río faise nunha cova en estado natural e ten dificultade media-alta, polo que se solicita un bo estado físico. Ten un custo de 30 euros por persoa, é guiada en grupos reducidos e a idade mínima son 18 anos. Con grupos de mínimo 5 persoas e máximo 8 persoas.

Proporciónase casco con iluminación, luvas de vinilo, luvas de coiro, cobre-cabelo e un mono refugable con carapucha.

É necesario levar calzado pechado con fondo de goma para evitar escorregar e traelo aparte, para poñer no momento de equiparse antes de entrar en cova. É recomendable ter botas de montaña alta ou botas de goma que agarren o nocello.

Tamén recoméndase levar roupa que non importe manchar, roupa para cambiarse tras a visita e máscara.

O punto de encontro do grupo e o guía será a Oficina Municipal de Turismo na Praza da Catedral. O horario de chegada sería ás 10.00 h no grupo da mañá e ás 16.00 h no grupo da tarde.

O traslado de alí á cova debe facelo cada visitante ou grupo, polos seus propios medios. O guía, irá indicando o camiño.

Para información e reservas será necesario chamar oao teléfono da oficina de turismo de Mondoñedo 982 507 177.

Por outra banda, continúan tamén as visitas habituais a cova e desde o 1 de xuño con oferta todos os días en tres visitas diarias (12.00, 17.00 e 18.30 horas). Tamén continúan as visitas escolares ata fnalizar o curso escolar. Pero sempre será imprescindible a reserva previa.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14960598945618