A Coral Polifónica de Burela celebra a segunda edición do Concerto de Outono
AMariñaXa
Chegarán dende Cariño a Coral Polifónica e a Rondalla, formacións que deleitarán co seu repertorio nesta xornada
8 sep 2024
A Coral Polifónica de Burela celebrará o vindeiro sábado 14 de setembro, as 20.00 horas no Auditorio da Casa da Cultura en Burela, un concerto. Chegarán dende a provincia da Coruña a Coral Polifónica Padronesa e Rondalla, formacións que deleitarán co seu repertorio nesta xornada de concerto dedicada ao xénero musical das habaneras. A segunda edición do Concerto de Outono será unha xornada fermosa e, para facelo máis interesante, ao final da cita sortearán unha cesta de productos cortesía dos comercios locais do municipio.