A Copa Deputación escolleu os primeiros finalistas en todas as categorías, agás no fútbol 8

GaliciaXa | LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Na feminina, o único duelo previsto, entre Comercial e San Lázaro, foi suspendido
xermade-cd-futbol
5 Jan 2026

Con moito frío, como todos os anos, deu comezo na provincia unha das programacións deportivas máis esperadas, a celebración da Copa Deputación para o fútbol afeccionado. Esta fin de semana tivo lugar a primeira cita, a ronda previa, que ofreceu xa os primeiros clasificados.

Así, na categoría de Preferente e Primeira, a vitoria foi para Oural, Pol e Taboada co marcador a favor no minuto 90 e para o Guntín logo dos penaltis ante o Iberia. Con antelación xa se coñecía o pase do Burela e queda por saber esta tarde o resultado entre o Castro e o Xove Lago.

Nas categorías de Segunda e Terceira houbo 20 partidos, completando o calendario, e as vitorias avultadas foron para Xermade (1-6 ao Celeiro), Casás (1-4 ao Rioaveso), Becerreá (0-6 ao Relámpago), Riotorto (0-4 ante o Cazás) e O Corgo (0-4 ante o Incio). Con marcadores máis axustados lograron a clasificación Paradela, Muimenta, Folgueiro, Guitiriz, Pastoricense, Lemos B, Quiroga, San Lázaro, Castroverde e Taboada B.

Tiveron que ir a penaltis para lograr o pase Goiriz, Matela, Friol, Palas e Antas. Na feminina, o único duelo previsto, entre Comercial e San Lázaro, foi suspendido.

Nas roldas previas do fútbol base, clasificaron os Milgrosa e O San Roque, este último con goleada, na xuvenil.

Na cadete, son máis os clasificados para a seguinte rolda, Burela B, Viveiro C, Vilalbés B, Viveiro, Ceosport, Residencia B, Corgo, Burela, Foz, Sarriana, Castro, Milagrosa, Ribadeo e Becerreá.

Na infantil as vitorias foron para Sagrado Corazón, Burela, Milagrosa B, Lourenzá e Vilalbés, mentres quedou pendente ata o 23 deste mes o duelo Lourenzá B-Monterroso.

⚙ Configurar cookies
0.077661037445068