A Copa de España de Ciclismo Adaptado sairá desde Celeiro

AMariñaXa
O 26 de xuño Viveiro convertirase de novo na capital do ciclismo adaptado, acollendo unha das sete probas da Copa de España desta modalidade.
copa espana ciclismo adaptado viveiro 2
copa espana ciclismo adaptado viveiro 2
21 Xuño 2021

O 26 de xuño Viveiro convertirase de novo na capital do ciclismo adaptado, acollendo unha das sete probas da Copa de España desta modalidade.

O circuíto nacional constará de 7 citas puntuables, que xa arrincaron o 24 de abril en Badajoz e finalizando o 17 de outubro en Totana.

A competición non estará vertebrada por un circuíto, senón por un percorrido en liña de 30 quilómetros, que ademais contará cunha notable esixencia.

A Copa de España de Ciclismo Adaptado comezará ás catro da tarde en Celeiro con dous percorridos segundo o nivel de diversidade funcional dos deportistas.

“Esta proba reflicte á perfección dous prioridades do goberno local de Viveiro: o deporte e os hábitos de vida saudables, por unha parte, e a nosa aposta por un concello inclusivo, accesible e sostible por, para e coas persoas con capacidades diferentes”, engadiu a alcaldesa.

En palabras de Loureiro, “o ciclismo adaptado mellora a calidade de vida das persoas que o practican e reforza a súa socialización e integración, además de potenciar as súas capacidades e a súa autoestima, todo elo combinado cos valores que caracterizan o deporte, como a constancia, a humildade, o sacrificio, o esforzo e a dedicación”.

copa espana ciclismo adaptado viveiro
0.19340300559998