A Confraría de Pescadores San Juan Bautista de Burela festexa o seu centenario
AMariñaXa
Entre os actos poderán gozar dun ronqueo de atún, co espectáculo do despiece manual
8 Dec 2024
O vindeiro xoves 12 de decembro terán lugar os actos de clausura do Centenario da Confraría de Pescadores San Juan Bautista de Burela. Comezarán ás 13:30 horas na Nave de Redes, para desfrutar dun ronqueo de atún, con sushiman incluido, convertendo o despiece manual nun verdadeiro espectáculo.
Contarán coa presenza do ministro de Agricultura e Pesca, Luis Planas Puchades e co alcaldesa de Burela, Carmela López Moreno, entre outras autoridades.
"Como todos os actos do Centenario, trátase dun acto aberto e gratuíto para toda a poboación, xente do mar e toda a veciñanza, non tendo que confirmar asistencia", trasladan desde a Confraría.