A Comisión de Fiestas de Vegadeo organiza o día 17 a festa de Entroido

AMariñaXa
A Comisión de Fiestas Vegadeo 2023 organiza para o vindeiro 17 de febreiro a súa festa de Entroido co grupo Origen
entroido vegadeo 2023
entroido vegadeo 2023
3 feb 2023

A Comisión de Fiestas de Vegadeo 2023 organiza para o vindeiro venres 17 de febreiro a festa de Entroido na que contarán co grupo Origen para animar o baile e cunha gran churrascada para os asistentes.

Ás 21.00 horas comezará o gran desfile de Entroido polas rúas de Vegadeo que contará con grandes premios. E ás 00.30 horas será a gran festa co grupo Origen e Alejandro Martínez.

Xa a aprtir das 23.00 horas será a cea que terá un prezo de 15 euros anticipada, e se tan so se quere ir á festa serán 3 euros. Para a churrascada será necesario mercar os tiquets aos membros da comisión ou na librería Casa Pérez, librería Patefa ou librería San Pedro.

Para o desfile haberá que inscribirse online previamente antes do xoves 16 o mesmo día do evento entre as 13.00 horas e as 16.00 horas na piscina municipal.