A cativada do Valadouro xa pode inscribirse nas escolas deportivas

AMariñaXa
O obxectivo desta proposta é  principalmente fomentar a práctica de actividades físico-deportivas entre a poboación infantil
futbol-
6 sep 2024

O Concello do Valadouro abre o prazo para a inscrición nas Escolas Deportivas de Fútbol, orientadas aos alumnos e alumnas de 4º de infantil ata 4º de ESO para o curso escolar 2024/2025. As solicitudes deben ser presentadas polos proxenitores ou titores legais dos estudantes utilizando o modelo facilitado polo Concello. O prazo para realizar as solicitudes comeza o 2 de setembro de 2024 e finaliza o 13 de setembro de 2024 ás 14.00 horas.

Os interesados poden tramitar as solicitudes tanto nas Oficinas Xerais do Concello como a través de medios telemáticos. As bases e o Anexo I, que contén toda a información necesaria, están dispoñibles para consulta no portal oficial do Concello. Esta iniciativa busca proporcionar actividades de conciliación e fomentar a práctica deportiva entre os mozos do concello.

Ofértanse as categorías biberón (2020-2019), prebenxamín (2018-2017), benxamín (2016-2015) e alevín (2014-2013). O obxectivo desta proposta é  principalmente fomentar a práctica de actividades físico-deportivas entre a poboación infantil e xuvenil e establecer as bases para que esta práctica sexa un recurso de convivencia, participación e, en xeral mellora da calidade de vida no municipio.

0.14416098594666