A casa da cultura de Burela acolleu a entrega dos premios dos Certames de Nadal

AMariñaXa
A sala de arte da casa da cultura acolleu a entrega dos premios dos Certames de Nadal 2022: Postais e Poesía.
18 ene 2023

A sala de arte da casa da cultura acolleu a entrega dos premios dos Certames de Nadal 2022: Postais e Poesía. No acto participaron o alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Cultura, José Díaz. 

As gañadoras e os gañadores da fase local, convocada pola Biblioteca Pública de Burela, pasarán á fase provincial que organiza Biblioteca Nodal de Lugo. 

Os traballos presentados aos Certames de Burela e os gañadores estarán expostos na Sala de Arte ata o vindeiro 20 de xaneiro. O horario de visita será de luns a venres de 11 a 13 horas e de 18 a 20 horas.