A casa da cultura de Burela acollerá un concerto de David Catá

AMariñaXa
A casa da cultura de Burela acollerá o vindeiro sábado 14 de xaneiro de 2023 ás 20.
11 ene 2023

A casa da cultura de Burela acollerá o vindeiro sábado 14 de xaneiro de 2023 ás 20.30 horas o concerto presentación do disco Origen, de David Catá. 

O compositor e pianista estará acompañado por Carla Alonso e Celia Montañez ao violín, por Ana Represas ao violonchelo e por María Villarquide na frauta. A entrada será gratuita

David Catá é un artista multidisciplinar de Viveiro que lanza agora o seu primeiro disco pero que é recoñecido a nivel internacional polos seus traballos nos que combina o emprego da fotografía, a videocreación, a pintura e a música.   

Cunha obra que xa foi exposta en diferentes países e pola que acadou diferentes premios, deu o paso agora coa creación deste disco, ‘Origen’, que o domingo día 11 de decembro, a partir das 20:00 horas, presentará antes os veciños e veciñas de Viveiro.