A casa da cultura de Alfoz acolle a estrea do documental 'Mulleres deportistas na Mariña Lucense'
A casa da cultura de Alfoz acolle o vindeiro domingo 16 de abril a estrea do documental Mulleres deportistas na Mariña Lucense. Este acto contará coa asistencia dun montón de deportistas increíbles da comarca.
Nesta cita, que será ás 18.00 horas, farase tamén a entrega de premios do calendario igualdade.
Entre as mulleres deportistas da Mariña atópanse Iria de Luis, árbitro de fútbol sala; Silvia Rubal, campiona da Copa de España e Italia de fútbol sala; Natalia Alonso, campiona do Campionato Galego de Enduro; Andrea de Luis, árbitro asistente de fútbol sala; Nerea Lago, da selección Española de Remo; Rosalñia Veiga, subcampiona de España de Powerlifting e Press; Vanesa Arez, campiona Galega de King Boxing; e Rosalía Rodríguez, atleta, xogadora de baloncesto e presidenta do Club atletismo de Foz.