A Carreira Popular Urbana 5km Campo da Cabana de Foz será o vindeiro 25 de xullo
O concello de Foz acollerá o vindeiro 25 de xullo a Carreira Popular Urbana 5km Campo da Cabana. Esta proba deportiva terá lugar a partir das 10.00 horas cos 200 m para Pícaros, despois os 500 m Benxamíns, máis tarde os 1.000 m Alevíns e 1.800 m Infantís e Cadetes e ás 11.00 horas os 5.000 m para a competición Absoluta.
A competición transcorrerá por un circuíto urbano pechado á circulación de vehículos, cun perfil moi suave propicio para unha carreira rápida. A proba disputarase sobre un percorrido moi rápido de 5.000 metros, totalmente urbanos, polas rúas de Foz, con saída e meta na Praza Rosalía de Castro. O tempo máximo para percorrer os 5000m será de 50 minutos. Todo aquel atleta que supere devandito tempo poderá finalizar a carreira baixo a súa responsabilidade.
A inscrición estará limitada a 300 corredores para a carreira absoluta, 100 corredores para a carreira Pícaros, 50 corredores para a carreira Benxamíns, 50 corredores para a carreira Alevín, 50 corredores para a carreira Infantil e 50 para a Cadete. As inscricións en liña poderán realizarse ata o sábado 22 de xullo ás 23.59 horas.
Haberá trofeos aos tres primeiros clasificados masculino e feminino de cada categoría.