A carreira En marcha Foz, en prol da Asociación contra o cancro, será o 20

AMariñaXa
A Asociación Española Contra o Cancro en Lugo celebra o 20 de maio desde o Porto de Foz a súa carreira En Marcha Contra o Cancro.
1 En marcha Foz contra o cancro maio
10 Maio 2022

A Asociación Española Contra o Cancro en Lugo celebra este venres, 20 de maio, ás 19.00 horas desde o Porto de Foz a súa carreira En Marcha Contra o Cancro.

Esta actividade lúdico-deportiva transcorrerá polo paseo marítimo dende o Porto ata a praia de Llas e volver. Para participar será necesario inscribirse chamando ao teléfono 658 872 196 ou mandas un email a lugo@contraelcancer.es.

A Asociación agradece a participación masiva da sociedade lucense e a colaboración das distintas institucións e empresas que fixeron posible a realización deste evento.

0.19319605827332