A Biblioteca Municipal de Ribadeo, galardoada

AMariñaXa
No Concurso de Proxectos de Animación a la Lectura María Moliner 2024
ribadeo-Foto-Begoña-Sanjurjo
7 Nov 2024

A Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, resultou galardoada no Concurso de Proxectos de Animación a la Lectura María Moliner 2024. Este premio, outorgado polo Ministerio de Cultura e Deporte e a FEMP, é un recoñecemento aos proxectos de animación á lectura desenvoltos en bibliotecas de todo o país e ás boas prácticas aplicadas neses proxectos, e está dotado con 2.777,77 euros destinados á adquisición de material.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou: “No noso caso, trátase dun recoñecemento ao proxecto 'A Biblioteca: Punto de encontro', no que tratamos de deseñar actividades que implicaran ao maior número de usuarios posible, e para iso tivemos moi en conta aos centros educativos do noso municipio, dentro do programa 'O Concello cos Coles'”.

A edil ribadense contou que “tamén se estableceron sinerxias de colaboración entre a Biblioteca e outras institucións do municipio, como poden ser o Centro de Día ou o Obradoiro de Emprego, e comezou a súa andadura o club de lectura en francés 'Caffés litéraires à la Biliotéque', que está tendo moi boa acollida”. E engadiu que “esta mesma semana comezou a reunirse o Club de Lectura en galego e castelán para adultos, xa co aforo completo. Seguiremos traballando na mesma liña, co obxectivo de converter a Biblioteca nun verdadeiro punto de encontro, como di o nome do proxecto”.

Sanjurjo subliñou: “Desde a Biblioteca e desde o Concello queremos agradecer tanto ás persoas usuarias como ás colaboradoras, a súa contribución ao éxito deste proxecto”.

0.16472911834717