A biblioteca municipal de Alfoz permanecerá pechada durante o mes de outubro

AMariñaXa
A biblioteca municipal de Alfoz permanecerá pechada durante o mes de outubro por vacacións do persoal.
centro sociocultural biblioteca alfoz
centro sociocultural biblioteca alfoz
18 Out 2023

A biblioteca municipal de Alfoz permanecerá pechada durante o mes de outubro por vacacións do persoal. Deste xeito, as inscricións para o programa 'Cultura pequeniña outubro' deberán entregarse no Concello ou no buzón da biblioteca que está no exterior da casa da Cultura.

A proposta inclúe un Obradoiro Experimentando, que terá lugar o vindeiro día 21 ás 17.00 horas e a proposta Toupociencia, que se organizará na mesma data a partir das 19.30 horas no salón de actos.

Ademais, o 28 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca cunha proposta lúdica a base de xogos, que terá lugar de 17.00 a 20.00 horas.

cultura pequena cocello de alfoz
0.14627385139465