A Biblioteca de Burela fallou os Certames de Nadal 2022

AMariñaXa

A Biblioteca Pública Municipal de Burela acaba de fallar os Certames de Nadal 2022, os premiados nesta edición foron os seguintes.

12 ene 2023

A Biblioteca Pública Municipal de Burela acaba de fallar os Certames de Nadal 2022, os premiados nesta edición foron os seguintes.

No relativo ás postais e na categoría de Educación Infantil o primeiro premio foi para Naia Fontenla Suárez de 3 anos, o segundo para Aldara Níñez Gómez de 5, e o terceiro para Valeria Ceñal Iglesias de 3 anos. Ambas as tres do CEIP Vista Alegre.

En 1º e 2º de Primaria os galardoados foron Pedro Cociña Lestao  do CEIP Virxe eo Carme, Mateo Chamosa do CEIP Fondo Nois e Candela López Fernández do CEIP Vista Alegre.

En 3º e 4º de Primaria os premiados foron Bella Valentina Quiroz Huaman do CEIP Virxe eo Carme, Carlota Eimil Ramos do CEIP Vista Alegre e Paz Quiroga Allmang do CEIP Vista Alegre.

En 5º e 6º de Primaria foron Jimena Domínguez García do CEIP Vista Alegre, Uxia Níñez Gómez do CEIP Vista Alegre e Claudia Pérez Expósito do CEIP Virxe do Carme.

No certame de poesía infantil os gañadores na categoría, ata 8 anos, foron Pedro Cociña Lestao de 7 anos e Alicia Pedre Lastra de 8 Anos. Ambos do CEIP Virxe do Carme.

Na categoría B, de 9 a 11 anos, os premiados foron Jimena Domínguez Garcí, Iria Pascual Arias e Jorge Melo Reigosa, os tres do CEIP Vista Alegre.

Os gañadores desta fase local, pasarán a fase provincial do certame, organizado pola Biblioteca Nodal de Lugo.

Os premios serán entregados na sala de arte da casa da cultura de Burela o vindeiro martes, 17 de xaneiro  ás 19.30 horas.

Os traballos presentados e os gañadores estarán expostos na sala de arte ata o vindeiro venres, 20 de  xaneiro. O seu horario de visita será de luns a venres de 11 a 13 horas e de 18 a 20 horas.