A Biblioteca de Barreiros celebrará o Día do Libro cun obradoiro dirixido ao público infantil

A Biblioteca Pública Municipal de Barreiros celebrará o vindeiro 23 de abril o Día Internacional do Libro cun obradoiro dirixido ao público infantil. A actividade, titulada “Contos en Construcción”, terá lugar na propia biblioteca en horario de 16:00 a 17:30 horas. A través de contos clásicos e contemporáneos, os participantes fomentarán a creatividade e o traballo cooperativo.
Mediante unha proposta didáctica e experimental, os nenos e nenas reflexionarán sobre os estereotipos presentes nos contos e interpretarán un fragmento do relato escollido, que posteriormente materializarán mediante a construción dunha maqueta en 3D.
A inscrición é de balde e pode realizarse de forma presencial na biblioteca ou chamando ao 982 124 106. O prazo para anotarse finaliza o 20 de abril.