A aula Universitaria da Uned en Foz acollerá tres cursos neste mes de decembro

Foz
AMariñaXa
A aula Universitaria da Uned en Foz acolle actividades formativas nos ámbitos educativo, psicolóxico, de idiomas, xurídico e de lecer.
2023 PRESENTACIÓN ACTIVIDADES UNED FOZ DECEMBRO 2023
2023 PRESENTACIÓN ACTIVIDADES UNED FOZ DECEMBRO 2023
1 Dec 2023

A concelleira da Aula Universitaria da Uned en Foz, Elena Martínez Pena, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña Rodríguez, presentaron a nova programación formativa para este mes de decembro, que inclúe tres cursos.

Deron conta de tres novas actividades abertas a todo o público, apostando por estes cursos para poder ofrecer coñecementos sobre temas tan interesantes como os que se detallan a continuación e para os que está aberta a inscrición:

- Francés Básico. Nivel A2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL) equivalente ao (DELF A2), os venres do 1 de decembro ao 22 de marzo de 17.00 a 19.30 horas. (Presencial e online).

- MULLER. Falamos claro, do 11 ao 19 de decembro (luns e martes) de 18.00 a 20.30 horas. (Presencial e online).

- Curso para opositores: nocións fundamentais sobre a Constitución Española de 1978 e a lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das AA.PP, do 11 ao 15 de decembro, de 16.00 a 20.00 horas. (Presencial e online).

Os interesados en máis información poden poñerse en contacto coa Aula Universitaria de Foz no teléfono 982 133 699, no WhatsApp 604 034 549 ou no correo electrónico foz@lugo.uned.es.

0.18975710868835